Proxecto AVECEN

Número de expediente: IN852A 2018/80

Acrónimo do proxecto:
AVECEN

Título do proxecto: Asistente virtual para o envellecemento activo de persoas con enfermidades mentais neurodexenerativas

Actividade subvencionada: Desenvolvemento experimental

Ubicación da operación: SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CORUÑA

Orzamento subvencionable: 752.766,83 €

Importe da subvención: 394.965,10 €

% FEDER da axuda: 100%

Empresa beneficiaria, líder da agrupación: TECNOLOGÍAS PLEXUS, S.L.

Outros beneficiarios: ARCADE CONSULTORES S.L., IMAGAMES GAMIFICATION SERVICES S.L, INSATI INNOVATION S.L

Data de inicio do proxecto: 01/06/2018

Data de finalización do proxecto: 30/09/2020


Obxectivo do proxecto
:

O obxectivo do proxecto AVECEN é o desenvolvemento dunha plataforma distribuida que permita a autoxestión das enfermidades mentais neurodexenerativas por parte dos pacientes así coma a toma de decisións por parte dos profesionais médicos e coidadores da sua contorna. Para elo, proponse a creación dun asistente virtual dinámico que monitoriza e evalúa de maneira continuada a execución de certas rutinas clínicas, realizando recomendacións adaptadas ao estado do paciente e avaliando o seu comportamento frecuente ou habitual en cada momento, permitindo entender a sua evolución ao longo do tempo e valorar en qué medida ten lugar un empeoramento do estado de saude. Con elo preténdese mellorar a adherencia dos pacientes ás rutinas clínicas, ao tratamento prescrito e, en xeral, ás boas prácticas de xestión de enfermidades mentais dexenerativas, tales coma a actividade física, hábitos de vida saudable, avaliacións psicolóxicas e cognitivas.

 

Avance e Actividades do Proxecto AVECEN en 2019 con participación de Arcade

Actividade 1. Coñecemento médico: Modelado e Parametrización

Nesta actividade completouse o modelado e parametrización do coñecemento médico sobre a xestión de pacientes con enfermidades mentais neurodexenerativas, fecendo un énfase especial nos aspectos relacionados coa autoxestión de ditas enfermidades; nos efectos que provocan o estado físico, psicolóxico e cognitivo destes pacientes; no comportamento esperado e nas necesidades dos pacientes no día a día; e nos parámetros que describen o seu estado, sobre todo naqueles que indican un empeoramento no seu estado de saúde.

 

Actividade 3. Asistente virtual móvil para pacientes con enfermidades mentais

Esta actividade ten como obxectivo o desenvolvemento dun asistente móvil virtual orientado á autoxestión de enfermidades mentais neurodexenerativas, facilitando a adherencia ás rutinas clínicas e ao tratamento que deben seguir os pacientes para mellorar ou manter o seu estado de saúde. Ademais, este asistente tamén capturará a información que permita valorar o estado evolutivo do paciente tanto por parte dos servizos de xestión da plataforma como dos profesionais médicos e os coidadores. Completáronse as tarefas onde se especifican os requisitos do asistente virtual e a arquitectura do asistente móbil virtual que engloban as actividades gamificadas, xestor de rutinas clínicas, algoritmos de minería de procesos e os casos de uso. Tamén se realiza o deseño e trabállase para finalizar na seguinte anualidade a implementación do asistente virtual móbil que permite ao paciente realizar as actividades gamificadas e interaccionar co xestor de rutinas clínicas.

 

Actividade 4. Servizos de xestión de pacientes con enfermedidades mentais

O obxectivo desta actividade é o desenvolvemento dun conxunto de servizos que facilitan a xestión e a toma de decisións sobre os pacientes con enfermidades mentais dexenerativas, permitindo a detección de alarmas que son de interese dende o punto de vista clínico, a avaliación automática do estado psicolóxico do paciente e a valoración do comportamento dos perfís de pacientes.
Entendemos como servizos de xestión de pacientes con enfermidades mentais, aqueles que permiten:

-    a detección de alarmas de interese dende o punto de vista clínico
-    a avaliación automática do estado psicolóxico dos pacientes
-    a valoración do comportamento dos pacientes

Nesta actividade definíronse os requisitos para cada un dos servizos de xestión de pacientes con enfermidades mentais neurodexenerativas. Tamén o desenvolvemento dun algoritmo de composición de patróns de comportamento frecuente que se utilizará nos asistentes virtuais móbiles da plataforma, que obterán como resultado un conxunto de patróns que describen o comportamento global de todos os pacientes.

 

 

 

 

Organismos Cofinanciadores Proyecto AVECEN Arcade Consultores

 

 

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

ACEPTO

Contactar - Oficinas Centrales

Ciudad del Transporte 61-69,
Polígono Industrial del Tambre.
Santiago de Compostela
15890 A Coruña, España
Tfno: 981 53 40 15
Fax:   981 53 49 55
E-mail: marketing@arcadeconsultores.es
ÁREA DE CLIENTE