Unidades Robóticas Intelixentes para a Actividade Asistencial Ambulatoria
O proxecto CAREBOT “UNIDADES ROBÓTICAS INTELIXENTES PARA A ACTIVIDADE ASISTENCIAL AMBULATORIA” foi cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do “Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020” e o Ministerio de Economía e Competitividade, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), con número de expediente ITC-20161129.
Este proxecto está liderado por TECNOLOXIAS PLEXUS SL, coa participación como socios de EVERIS SPAIN, ARCADE CONSULTORES e RENACENS.
O obxectivo plantexado é o desenvolvemento de unidades robóticas intelixentes de apoio ao paciente nos centros sanitarios para escenarios de actividade ambulatoria e seguimento domiciliario, que permitan garantizar unha atención personalizada e adaptada ao usuario, mellorando o seu nivel de calidade percibido, optimizando o traballo do profesional sanitario e facilitando a toma de decisión por parte da organización.